Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiro envío de material dende a Mariña da campaña de apoio a Palestina que continúa en marcha ata o 25 de setembro

envio-palestinaA Mariña, 10 de setembro de 2014. A campaña de axuda a Palestina xa deu os seus froitos co traslado á Fundación Aragüaney en Compostela de varias caixas pola urxencia de axuda humanitaria, mais tamén debido a que a nivel galego a cantidade de material recollido fai necesario partir en varios envíos o volume recollido. Con todo, o BNG e os colectivos e persoas que se sumaron á campaña na comarca, mantéñena ate finais de mes para envíos posteriores.

Entre os produtos sanitarios e doutro tipo que máis se precisan están os antibióticos(con caducidade posterior a 2014), analxésicos, vendas, gasas, material de sutura, material de curas, material protésico, leite en po para nenos, cueiros para nen@s e adult@s, xabrón, tendas de campaña, soros (salino e glucosado), etc.

Paz e solidariedade mariñá fronte ás armas e a ocupación
As persoas que queiran colaborar poden mercar nas propias farmacias os produtos e depositalos nas caixas existentes nos establecementos, onde serán asesorados sobre aqueles máis necesarios, ou ben revisar nas súas casas material deste tipo que non precisen e poidan desfacerse del. Desde os colectivo promotor explican que “entre o material xa enviado hai antibióticos, analxésicos, ansiolíticos, medidores de tensión, gasas e outro material de curas, antiinflamatorios, pañales de nen@s e adult@s, leite en po, próteses, etc.” “A sociedade mariñá demostrou coa cantidade de material recollido a súa impresionante capacidade para solidarizarse cun pobo, como é neste o Palestino, ofrecendo paz e axuda fronte ás armas, a ocupación e o apartheid do estado israelí e os seus aliados internacionais.”

A campaña continuará ate o 25 de setembro
Os colectivos e persoas promotoras da iniciativa agradecen o apoio e colaboración das farmacias da comarca que xa suman 18, despois da novas incorporacións nestes últimos días. Insisten en que a pesar de ser trasladado a Compostela un primeiro lote de material, a campaña seguirá tal como estaba previsto ate o 25 de setembro.

Farmacias da Mariña incluídas na campaña:

LOCALIDADE ESTABLECEMENTO ENDEREZO
BURELA FARMACIA CASARIEGO AVDA. ARCADIO PARDIÑAS, 95
BURELA FARMACIA O PARQUE Rúa Pardo Bazán, 24
CERVO FARMACIA CABODEVILA AVDA. DE GALICIA, 14
FOZ FARMACIA FÁTIMA MAAÑON AVDA. DA MARIÑA, 21
FOZ FARMACIA ANTONIA ULLOA ROO AVDA. ALVARO CUNQUEIRO, 2
FOZ FARMAFOZ CORPORACIÓNS MUNICIPAIS, 66
FOZ FARMACIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MANUEL Mª ESTDA. XERAL, 26 – NOIS
FOZ FARMACIA FÁTIMA SAA QUINTAS MESTRE LUGILDE, 16
FOZ PARAFARMACIA FOZ XOÁN MONTES, 1
RIBADEO FARMACIA ÁLVAREZ LEBREDO RÚA REINANTE, 6
RIBADEO FARMACIA MONTSERRAT IGLESIAS RÚA RAMÓN GONZÁLEZ, 10
RIBADEO FARMACIA DÍAZ FERNÁNDEZ RÚA VILAFRANCIA DO BIERZO, 5
RIBADEO FARMACIA BOADA GARROTE AVDA. DE GALIZA, 23
S. CIBRAO FARMACIA VIZOSO VILLARES AVDA. DA MARIÑA, 68
VIVEIRO FARMACIA PEDRO CASARIEGO RÚA PASTOR DÍAZ,1 – ESQUINA PRAZA MAIOR
VIVEIRO FARMACIA DOLORES CASARIEGO RÚA PASTOR DÍAZ, 21
VIVEIRO PARA FARMACIA ÁRNICA RÚA MARGARITA PARDO DE CELA, 11
VIVEIRO PARA FARMACIA ÁRNICA RÚA GRANXAS, 19 COVAS
Exit mobile version