O á madrileño que estivo acompañado na súa presentación polo presidente e polo secretario técnico del club, Juan Manuel Marrube, declarou que “estou moi contento por incorporarme a un club como o Burela Pescados Rubén. É unha alegría regresar á Liga Nacional de Fútbol Sala trala miña experiencia en Rusia. Foi unha tempada dura que estivo marcada pola miña lesión. Agradezo moito a confianza que o club depositou en min, é un reto apaixonante para o min vestir a camiseta laranxa e quero devolver esa confianza co meu traballo, compromiso e mostrar a miña mellor versión”. Respecto da tempada non se marca obxectivos a longo prazo “ a nosa mentalidade é a de ir partido a partido, aínda que tampouco renunciamos a nada. Estamos traballando con moita intensidade para sentar unha boa base sobre a que crecer con seguridade e confianza. O equipo está mostrando unha gran unión que é un factor moi importante para afrontar calquera competición”.