Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros retirou a maleza nunha estrada provincial para facilitar o paso do transporte escolar

maleza-barreirosBarreiros, 9 de setembro de 2014. O Concello barreirense procedeu a retirar diversa maleza nunha estrada provincial para facilitar o paso do transporte escolar na xornada deste mércores. O alcalde, Alfonso Fuente, critica o estado de abandono no que se atopan os vieiros titularidade da Deputación de Lugo.

O rexedor dixo que “a falta dun día para o comezo do curso escolar, ante a inoperancia da Deputación Provincial de Lugo e o desleixo no mantemento das estradas da súa titularidade, o Concello de Barreiros tivo que proceder á poda de malezas varias para que puidese pasar o transporte escolar a recoller aos nen@s”.

Fuente Parga contou que “este problema foi comunicado previamente á Deputación Provincial e ante a ausencia de noticias, desde o Concello non queremos que ningún neno quede sen transporte escolar por culpa destes feitos. Se non tivésemos realizado esa poda mañá o autobús non podería facer esa nova ruta e recoller aos nen@s de Abelleira”.

Exit mobile version