“Deste xeito imos solucionar un problema que non puidemos arranxar durante o verán, tal e como era o noso desexo, por diversas cuestións, como vacacións de persoal, etc.”, indicou o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle. Na mañá de hoxe, o alcalde, José María González Barcia, e o propio edil, comprobaron a realización dos traballos.
O concelleiro de Obras confía en que no prazo dun mes, como moito mes e medio, estean todas as actuacións rematadas. Finalmente, pide disculpas polas posibles molestias que se poidan causar aos cidadáns.