Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz organiza unha viaxe ás instalacións de Sogama en Cerceda o 31 de outubro

Foz, 30 de setembro de 2014. O Concello de Foz organiza unha viaxe para visitar as instalacións de Sogama en Cerceda o día 31 de outubro, venres. Esta actividade forma parte da campaña Separemos ben, reciclaremos mellor.

O autobús sairá de diante da Casa do Concello, na rúa Álvaro Cunqueiro, o día 31 de outubro ás 8 da mañá. O percorrido polas instalacións de Sogama, en Cerceda, terá unha duración aproximada de dúas horas.

Os veciños e veciñas do municipio focense que estean interesados en participar nesta viaxe deben anotarse na oficina de Medio Ambiente do Concello, que está no edificio do Cenima, na avenida da Ribeira, en horario de 10 a 13 horas.

Exit mobile version