Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz traballará para acoller en 2015 a XXX Feira do Libro

musica-libroFoz, 2 de setembro de 2014. O Concello de Foz traballará para acoller no vindeiro ano 2015 a XXX edición da Feira do Libro. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, durante a xornada de clausura da XXIX edición do certame, que rematou o pasado domingo cunha actuación da Banda Municipal de Música de Foz.

A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, que foi a coordinadora da organización da feira, explicou que “houbo moito público e, segundo as librarías participantes, un bo resultado de vendas, que confirman a esta feira como unha das mellor recoñecidas polos libreiros, en palabras do responsable da Libraría Cartabón, de Vigo, que leva máis de 23 anos vindo a esta vila e que resalta a organización, o lugar e a afluencia de visitantes”.

María Jesús Álvarez comentou tamén que “ante a falta de maior participación de librarías por problemas de datas, as presentacións estiveron do máis animado, cun total de 5 libros presentados e 3 sinaturas de exemplares, ademais de actuacións para o público infantil”.

Exit mobile version