Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo ultima as obras de mellora da zona verde da Avenida Rafael Fernández Cardoso

zona-verdeRibadeo, 22 de setembro de 2014. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anunciou este luns que o Concello está a rematar as obras de mellora na zona verde que se atopa situada na parte posterior da avenida Rafael Fernando Cardoso. Os traballos que se estenderon por unha superficie aproximada de 3.500 metros cadrados, contaron cunha inversión de fondos propios municipais de preto de 20.000 euros neste 2014. Con eles, o goberno municipal logrou procede á colocación de mobiliario, árbores e papeleiras nesta rúa.

O rexedor municipal explicou que “nestes días estamos rematando as obras de mellora dunha zona verde importante para Ribadeo. Trátase dunha rúa ampla, moderna e nova coma é a avenida Rafael Fernández Cardoso, onde ultimamente está a vivir moita xente e onde se sitúa o edificio de vivendas sociais, de protección oficial, que hai pouco entrou en funcionamento. Estamos a rexenerar todas esas traseiras que estaban nunha situación de certo abandono para que sirvan de zona verde con árbores, con bancos, con papeleiras, que se están a piques de instalar, e con certo mobiliario”.

Suárez engadiu que “se hai uns meses xa se fixo unha actuación na banda de arriba desta rúa, agora estamos a rematar na parte que faltaba. Con isto, a xente nova, e non tan nova, poderá utilizar esta zona como lugar de recreo e espazo público significando a súa cabida unha superficie certamente importante. Trátase duns 3.500 metros cadrados nos que estamos actuando para o que ten que ver con este ano cunha inversión aproximada de 20.000 euros de fondos propios municipais”.

Exit mobile version