Ana Martínez explicou que “este vindeiro domingo, 28 de setembro, celebramos a nosa tradicional Feira da Horta que xa vai pola súa duodécima edición e que terá lugar, coma tódolos domingos do verán, diante da praza de abastos. Esta é unha feira que xa é un clásico e se coñece en toda a contorna, tanto na Mariña coma no occidente asturiano, e que se ven realizando anualmente con motivo do peche dos mercados dos domingos que. Está organizada polo Concello de Ribadeo e pola asociación de produtores e produtoras de horta A Sucadoira e conta coa colaboración estreita da asociación de comerciantes Acisa na súa sección de hostalería”.
A responsable de Desenvolvemento Local no Concello de Ribadeo defendeu que “dende o Concello queremos apostar pola produción e o consumo locais, e neste caso apostamos pola produción de horta porque creemos que é importante a súa comercialización en espazos onde os clientes son directos e coñecen o produto. Por iso este domingo celebraremos un mercadiño a partir das 9 da mañá. Logo a partir das 11, teremos música polas rúas de Ribadeo e no propio mercado da man de Amigos da Gaita. Xa as 11:30 dará comezo o obradoiro infantil no que os nenos poderán construír un hotel para insectos dentro dunha actividade bastante curiosa . E logo tamén, podemos contar dende as 12 con teatro de rúa coa obra O Afiador da man de Teatro Volta e Dalle e a partir das 13:30 máis teatro con a obra Os Feirantes dos Quinquilláns”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Roberto Ramos, dixo “desde Acisa, colaboraremos en esta XII Feira da Horta, como lo hemos hecho en años anteriores, a través de distintos establecimientos hoteleros que pertenecen a nuestra asociación. Acisa ha adquirido productos solicitados por estos establecimientos a los productores y productoras de Ribadeo y con estos productos, estos locales elaborarán una tapa de cortesía, que será servida ese día para los clientes que asistan. Los locales participantes serán el Parador de Turismo de Ribadeo, el restaurante O Forno, el bar Queimada, el restaurante A Dorada do Cantábrico, el mesón O Lar do Manolo, el hotel restaurante o Cabazo, el mesón O Alén, el restaurante Costa Verde, el restaurante La Solana, La Botellería y la cafetería Delicias. Desde Acisa queremos agradecer a la asociación A Sucadoira todo el trabajo que realizan durante todo el año y les deseamos que este remate del verano y de sus mercados de los domingos sea un éxito”.
Pola súa parte a presidenta da asociación de produtores de horta de Ribadeo A Sucadoira, Ana Isabel Díaz, resaltou que “este verán foi moi bo, máis do que esperábamos. Houbo moita actividade nos mercados dos domingos e a produción de verduras foi moi alta. Tivemos moita clientela, sobre todo xente de fora que superou as cifras doutros anos. Pero non só xente de Madrid, senón tamén estranxeira que fixo que a colleita tivese saída”.