Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consello Aberto (Nacional) de Espazo Ecosocialista aborda o novo curso político marcado polas eleccións municipais

ras as eleccións europeas Espazo Ecosocialista abordou un debate profundo entre todas a súa base social sobre a nova reorientación política que debía dar a estratexia tras as mesmas e tendo en conta que as próximas municipais son unha convocatoria central tanto para o proceso constituínte cara unha nova democracia como para a propia reestruturación da esquerda nacional.

Sen abandonar os nosos compromisos con AGE e entendendo que a pesar das carencias e deficiencias segue a poder xogar un papel central nese proceso, apostamos decididamente por impulsar xunto con outros colectivos e persoas procesos de empoderamento cidadá (mareas) que corrixiran as eivas que nese terreo amosan as alianzas que ata o momento fomos capaces de tecer.

Facer unha valoración do feito nestes últimos tres meses e preparar a Conferencia Política sobre a construción de alternativas nos concellos (outubro) será o tema central do Consello Aberto Nacional (CAN).

A xuntanza do CAN será este sábado 20 de setembro de 11,00 a 14,00 horas no Hotel Virxe da Cerca, no Salón Belvis (na rúa Virxe da Cerca, 27. Santiago).

Exit mobile version