Site icon Crónica3.com A Mariña

Durán Maquinaria Lourenzá comeza a Liga na casa ante Universidade de Salamanca

Comeza a Liga Nacional feminina de baloncesto e o Durán Maquinaria Lourenzá medirase ó Universidade de Salamanca na casa o sábado 4 de outubro a partir das 18.30 horas no partido correspondente á primeira xornada.

Despois de conquistar a segunda posición do grupo a pasada temporada -a primeira na categoría- e que lles permitiu xogar os play offs, as lauretinas non puideron acadar un novo ascenso. Este ano, de novo dirixidas por Juan Nécega, militarán en Nacional no grupo noroeste competindo contra Universidade de Salamanca, Ventanas Arsán, Cafetería-Cervecería La Biblioteca Innobasket, Universidade de León, Baloncesto Tierra de Burgos, Ascensores Tresa, CB Villamuriel, Filipenses, Unami CP, GD Bosco e Sondeos del Norte Maristas.

Exit mobile version