Site icon Crónica3.com A Mariña

O GES de Cervo e os bombeiros retiran un niño de avespa velutina en Burela

avespa-bombeirosBurela, 2 de setembro de 2014. Retirado este martes un niño de avespa velutina en Burela. Atopábase situado preto da gardería, segundo explicou o alcalde, José Mª González Barcia.

O rexedor relatou que “a aparición deste niño púxose en coñecemento do Concello este luns ao mediodía. Fixemos as xestións oportunas co grupo de emerxencias supramunicipal (GES) de Cervo e foron eles os que procederon a retirar o niño hoxe pola mañá. Actuouse con rapidez. Para retiralos hai que aproveitar as primeiras horas da mañá ou as últimas da tarde porque, segundo os entendidos, son as mellores horas para facer ese traballo”.

González Barcia pídelles aos veciños “que se detectan algún destes niños que nolo comuniquen canto antes, porque igual que se actuou con celeridade no caso deste, que estaba situado fronte á gardería, tamén se pode actuar coa mesma celeridade noutros dos que sexamos avisados”.

O alcalde burelés tivo palabras de agradecemento para o GES de Cervo e para os bombeiros: “pola actuación tan rápida que tiveron, atendendo de forma inmediata a petición que lles fixemos dende a Alcaldía”.

Exit mobile version