Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP considera que socialistas e nacionalistas non están lexitimados para pedirlle ao Goberno do PP “o que eles non fixeron”

Lugo, 30 de setembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular considera que socialistas e nacionalistas non están lexitimados para pedirlle ao Goberno central “o que eles non fixeron”.

“Que leccións veñen a dar os socialistas cando gobernaron na administración Central ata 2011, e os nacionalistas cando presumían de ser decisivos en Madrid?”, matizaron dende o Partido Popular.

“Antes de pedir, que corrixan o que teñen mal feito”, aseguraron dende o GPP, en referencia a obras sen cumprir por parte da Deputación como é o acceso as praias en Barreiros e Ribadeo ou ao polígono de Cervo.

Avalado o compromiso do PP na Mariña
Os populares tamén tacharon de demagogos aos nacionalistas na Deputación e pediron máis implicación e actuacións. Neste senso, dende o Partido Popular aseguraron que o compromiso dos gobernos populares está avalado na comarca.

Así, os populares citaron infraestruturas como son a execución do gasoduto, as obras no tramo do corredor de Celeiro a San Cibrao, a adxudicación do acceso ao Porto de Burela e a mellora e ampliación do Porto de Mirasol.

Os populares invitaron a socialistas e nacionalistas a retirar a moción e a esperar que se dean a coñecer os orzamentos do Estado para o 2015. Xa que “un feito esta claro, eles falan con titulares e o PP fala con feitos e con maquinaria in situ executando as obras”.

Exit mobile version