Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo ARTPO amosa as súas obras pictóricas na Casa da Cultura de San Cibrao

Cervo, 5 de setembro de 2014- A Casa da Cultura de San Cibrao acolle unha nova exposición, nesta ocasión de ARTPO, un grupo de artistas das Pontes que exhiben as súas pinturas ata o día 20 de setembro. A inauguración tivo lugar este venres e a ela asistiron varios representantes do equipo de goberno así como numerosos membros do grupo ARTPO.

Unha mostra na que se poden ver cadros pintados por 12 artistas dos 20 que integran este grupo heteroxéneo, con técnicas, estilos e temáticas moi diferentes, algúns deles con formación e outros de perfil autodidacta, que se reúnen periodicamente nun mesmo estudio para pintar a un tempo, compartir experiencias e realizar diversas actividades relacionadas coa arte.

Antonio Fraga Pérez, Marga Rodríguez Sánchez, Fernando Vigo García, Eduardo López Soto, Lourdes Acera Olaso, Eduardo González Blanco, Ofelia López (Miraceos), Piedad Pernas Prieto, Sonia Sueiro Fernández, Noé López Valiña, Diana Silva Rodríguez e Marta Seco Trinidade son os 12 artistas que amosan os seus traballos nesta mostra.

O grupo ARTPO comezou no 2012 a organizar exposicións, aínda que esta é a primeira vez que as súas obras se amosan nun concello da provincia de Lugo. A mostra pódese ver de luns a venres de 9 a 13.30 e de 17 a 20 horas.

Exit mobile version