Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal popular de Viveiro propón algúns rogos para a mellora do estado de pistas, camiños e rúas

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno ordinario, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º ) Algunhas pistas, camiños e rúas de acceso a viviendas como as da rúa Pedregal, o acceso o centro social do apeadeiro , o acceso o antiguo colexio , Puxigueira , Cascallar, Tora , Sacido e Pedreira na parroquia de Covas , Camiño de Meira en Celeiro, acceso desde Verxeles ás Aceas en Xunqueira , acceso á escola vella de Galdo , de Cabana a Portel e de Casanova a Xota en Vieiro, Barrio de Pedrouso en Landrove e o Barrio da Misiricordia , todas elas presentan abundante maleza a pesares de que algunhas se limpiaron a principios de xuño. Dado que o seu mantemento lle corresponde ó Concello e polo que ROGAMOS á delegación de medio ambiente do goberno local que adopte as medidas que sexan necesarias para a súa axeitada limpieza e adecentamento.

2º) No Pleno celebrado o 4 de setembro do 2014, e co voto en contra do noso grupo saiu adiante a proposta de retirar a placa do cargadoiro da Insua, onde se informaba da súa inauguración sendo ministro Jaume Matas e Alcalde de Viveiro César Aja Mariño; como queira que terán que acercarse ata dito lugar para a súa retirada, e polo que lle ROGAMOS á Alcadesa, que de paso tape as fochancas existentes na estrada que vai ata o cargadoiro, que corte a maleza existente en distintos puntos do mesmo, que arreglen as tablas desclavadas nos distintos miradores, que limpen as pintadas existentes nos muros e coloquen algunhas luminarias que están descolgadas.

3º) O aparcamento situado entre a Cruz Vermella e o Colexio Lois Tobio presenta un importante número de fochancas, algunhas delas moi grandes, o que representa un perigo para os conductores que estacionan alí os seus vehículos, motivo polo que ROGAMOS ó equipo de Goberno que proceda o seu asfaltado á maior brevidade para solucionar esta situacion.

4º) Existen algúns terrazos rotos e soltos da acera na avenida da Misericordia – fronte á entrada do supermercado Día – o que resulta perigoso para os viandantes, motivo polo que ROGAMOS ó equipo de goberno que se realicen os traballos necesarios para a súa reparación.

Exit mobile version