Xove acolleu durante o mes de agosto o II Open de Pádel, en xornadas de mañá e tarde, no que participaron máis de 90 persoas.
Paloma e Mariña impuxéronse na final a Elia e Nancy por 4-6, 6-3 e 6-1; facéndose co primeiro premio da primeira categoría feminina; mentres que na segunda, venceron Lara e Gemma por 6-1 e 6-2 fronte a Obdulia e Ángeles.
Marcelo e Tati gañaron na final da categoría mixta ante Rosa e Óscar por 6-0 e 6-1.
Este evento, que por segundo ano consecutivo foi organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Xove, contou tamén co patrocinio da empresa SIUX.
Ó remate da competición celebrouse a entrega de trofeos, que contou coa presencia da concelleira de deportes Cristina Iglesias, acompañada polas concelleiras de Servizos Sociais e Cultura.