Site icon Crónica3.com A Mariña

O Klan das Kavras pon fin ó ano castrexo 2014

kavrasO domingo 14 os compoñentes do “Klan das Kavras”, celebraron o remate das actividades do ano castrexo 2014 cunha cuchipanda no caseto do líder do clan, Jose Antonio. Non faltou ningún dos compoñentes, un total de 33, e a reunión serviu para facer un repaso da participación deste ano e ir fixando obxectivos para o 2015. Ademais, despois do café, celebrouse o segundo Open Mundial de Tirachinas no que participaron un total de 25 tiradores repetindo como gañador Jose Antonio Armesto. Amando Dovale alcanzou a segunda posición, Ana obtivo o premio consolación e o diploma ó participante máis novo foi parar a mans de Manuel Rubiños. A pesar da espectacular tormenta que sacudiu Burela na tarde do domingo, a celebración transcurriu sen incidentes destacables; xa que o caseto conta coa tecnoloxía máis avanzada en canto a evacuación de chuvias, vivindo un inesquecible día de camaradería e bo rollo.

Exit mobile version