Site icon Crónica3.com A Mariña

O libro ‘La playa de Las Catedrales y sus entornos’ está á venda a través da Internet na web da Librería Bahía de Foz

beni-carmenRibadeo, 30 de setembro de 2014. O libro dedicado aos atractivos turísticos da provincia de Lugo La playa de Las Catedrales y sus entornos, cuxos autores son os xornalistas Carmen Cruzado e Beni Mántaras, está á venda a través de internet, concretamente na páxina web da Librería Bahía, de Foz, que ten tenda en liña: www.libreriabahia.com. Esta publicación tamén pode comprarse nunha vintena de establecementos da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos.

La playa de Las Catedrales y sus entornos é un libro de 160 páxinas con outras tantas fotografías e textos (en galego e castelán) dedicados aos principais atractivos turísticos da provincia de Lugo, nun percorrido que empeza no famoso areal ribadense coñecido como As Catedrais e que finaliza na Ribeira Sacra, concretamente nos Canóns do Sil. Está prologado pola prestixiosa xornalista viaxeira Esther Eiros (lucense afincada en Barcelona, desde onde presenta e dirixe o programa Xente Viaxeira, en Onda Cero Radio).

A publicación foi editada grazas á colaboración das institucións, empresas e colectivos que confiaron neste proxecto, que é unha realidade desde o pasado 18 de xullo. Ese foi o día que saíu da imprenta e nesa mesma xornada xa se puxo á venda na Feira do Libro de Ribadeo, na caseta da librería ribadense Vivín. Cinco días despois, o 23 de xullo, tivo lugar a súa presentación nun acto celebrado no Parador de Turismo de Ribadeo. O 16 de agosto Beni Mántaras e Carmen Cruzado asinaron exemplares na Feira do Libro de Viveiro, concretamente na caseta da librería Lector Nobel, de Burela. E o 29 de agosto La playa de Las Catedrales y sus entornos foi presentado na Feira do Libro de Foz.

Exit mobile version