Site icon Crónica3.com A Mariña

O luns entrará en servizo a nova área de aparcamento público e gratuíto de Burela

Burela, 5 de setembro de 2014. O vindeiro luns, 8 de setembro, entrará en servizo o área de aparcamento público e gratuíto situado na intersección das rúas Rafael Vior e dos Institutos. Este espazo terá capacidade para uns 50 coches, segundo asegurou este venres o concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Fernández Valle.

O edil popular subliñou que “servirá para darlle maior fluidez ao tráfico desa zona, que se atopa nas proximidades do Hospital da Costa”. Fernández Valle e o alcalde, José Mª González Barcia, visitaron esta mañá ese novo aparcamento.

Manuel Fernández Valle tamén anunciou que nos vindeiros días “se pintarán os pasos de cebra desa intersección para mellorar a seguridade dos peóns e do tráfico rodado”.

Exit mobile version