Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento de Galicia debaterá a iniciativa de Balseiro para axilizar os recoñecementos médicos obrigatorios e previos ós embarques

Santiago, 16 setembro de 2014.- A Comisión 8 de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia debaterá mañá mércores, día 17 de setembro, a iniciativa –proposición non de lei– da que é autor o deputado popular Jose Manuel Balseiro e coa que se busca axilizar os recoñecementos médicos obrigatorios previstos na lexislación vixente para autorizar os embarques dos profesionais do mundo da pesca.

O voceiro do Mar do Grupo Popular e secretario do Parlamento propón a sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Social da Mariña (ISM) e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para o acceso e intercambio mutuo de información médica, unha circunstancia que ata o de agora non se produce e que dá lugar a anomalías como a repetición de probas ou a que as análises feitas polo ISM non se poidan incorporar ao historial médico do paciente.

O parlamentario popular lembra que, a iniciativa popular pode ser moi proveitosa para os tripulantes de embarcacións xa que facilitará que estes recoñecementos médicos poidan efectuarse nun só día, sen demoras, e sen necesidade de que os profesionais do mar teñan que perder varias xornadas de traballo.

Exit mobile version