Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pleno de Foz aproba por unanimidade dúas mocións dos catro concelleiros independentes de Foz para a mellora do estado do pobo

Como xa viñemos denunciando toda esta tempada, polo feito de como se atopa actualmente o noso pobo, non nos conformamos e queremos que se mellore o estado no que se atopa actualmente a recollida de lixo e os paseos marítimos ao seu paso polo noso Concello.

No pleno celebrado este xoves os catro Concelleiros independentes representados por Ramón Sixto presentamos dúas mocións as cales foron aprobadas por unanimidade. En primeiro lugar instamos tanto a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia como a Deputación Provincial a que sufraguen os gastos necesarios para a construción e instalación de dúas novas isletas de colectores soterrados, e á financiación dun novo camión de recollida de lixo. Estes Concelleiros seguimos pensando que é necesario mellorar este servizo que sempre foi coidado polo anterior Goberno e proba de elo foi a instalación de sete isletas de colectores soterrados, a compra dunha máquina varredora e a implantación do sistema de recollida con cubos en tempo real e que incrementaba notablemente a plantilla municipal, que foi eliminado polo actual Goberno. A maiores temos o problema do camión do lixo que se atopa cun notable deterioro e cada vez que estaciona para descargar o lixo dos colectores deixa no chan líquidos e restos de vasoira.

En segundo lugar instamos ao Ministerio de Medio Ambiente e Dirección Xeral de Costas para que se faga cargo do estado de deterioro en que atopan os paseos marítimos ao seu paso polo noso Concello. De todos é sabido que o Turismo en Foz é un motor económico importante e fundamental para o desenrolo do noso pobo. Podemos ver os paseos marítimos ao largo do noso municipio con importantes deficiencias para o día a día das persoas, con pedras, lousas ou outros materiais levantados ou mesmamente desaparecidos, os muros e as baixadas ás praias coas barandillas levantadas e tiradas, os servizos moi deteriorados , as pasarelas de madeira atópanse rotas ou tapadas pola area, os parques infantís moi deteriorados e perigosos para os nenos, etc., etc., é dicir, unha serie de problemas que dan unha imaxe lamentable para o noso Concello.

Somos conscientes de que estes traballos correspóndenlle ao Concello, pois fíxose responsable ante Costas do seu mantemento, pero queda máis que demostrado que este Goberno é incapaz de cumprir coas súas obrigas, polo tanto pedímoslle ao Ministerio que se faga cargo de ditas deficiencias.

Exit mobile version