A Xunta Directiva, segundo o seu portavoz, José Luis Lois, fixo un repaso polo traballo realizado desde o goberno municipal nos últimos meses, polo traballo que se está levando a cabo, e estudiou as actuacións que se pretenden acometer no futuro inmediato. Nese senso, o portavoz da agrupación local manifestou que “o traballo de consolidación da situación económica é un feito incontestable, como o é a xestión feita hasta agora, e que xa dá resultados óptimos”.
No que se refire ó ámbito da propia organización, “o curso político comenza con un reto: preparar a conciencia as próximas eleccións municipais”, afirmou Lois Losada. “De feito, antes de fin de mes celebraremos unha asamblea de afiliados, como vimos facendo desde hai moitos anos no mes de setembro, e na mesma fixarase a estratexia a seguir, que en xeral non diferirá moito da levada a cabo noutras ocasións. A intención da dirección do partido é de levar a cabo canto antes unha serie de reunións con veciños, para coñecer o sentir da xente, e trasladarlle á cidadanía o traballo feito e o que está previsto facer”, manifestou.
O portavoz da agrupación local do PP rematou decindo que “xestionar a pobreza económica que outros deixaron e ó mesmo tempo conseguir cousas, non é nada doado, pero este equipo de goberno e este partido o estamos logrando”.