Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro convoca o congreso para a elección da xunta directiva da Novas Xeracións

O Presidente local do PP de Viveiro Antonio Bouza, acompañado dos concelleiros Jaime de Olano e Celestino García, xunto cun grupo de mozos afiliados do PP, presentou este sábado a convocatoria do Congreso local do que sairá elixida a nova Xunta Directiva de Novas Xeracións.

Trátase de reactivar esta formación xuvenil, que tan ben funcionou en etapas anteriores, aproveitando a valentía , o impulso e as ganas dun grupo de mozos que están decididos a traballar por Viveiro desde as filas do Partido Popular.

A partir do luns 29 de setembro ata o 6 de outubro -ambos inclusive -, todos aqueles mozos afiliados ao PP de Viveiro e cuxa idade oscile entre os 18 e os 29 anos, poderán presentar a súa candidatura. Os candidatos deberán de presentar o aval do 20% dos afiliados que estean ao día nas súas cotas. Para todo o que necesiten deberán de dirixirse á Sé local, onde se lles facilitará toda a documentación necesaria.

O venres 31 de outubro, ás 20 horas e na nosa Sé, terá lugar o Congreso onde se proclamará ao candidato ou candidatos e procederase ao seu votación para a súa elección.

Desde o Partido Popular de Viveiro queremos agradecer a todos estes mozos que xa nos manifestaron a súa intención de concorrer, o noso agradecemento ao dar un paso tan importante nuns tempos nada fáciles. O Partido Popular de Viveiro e Novas Xeracións, apostamos por un traballo conxunto, por un futuro de liberdade, benestar, prosperidade e igualdade, que nos levará a buscar as mellores propostas e solucións para Viveiro.

Exit mobile version