Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro propón a creación de “criterios obxectivos” para a concesión de axudas en materia deportiva

O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR no Concello de Viveiro a través do seu portavoz Antonio J. Bouza Rodil en base á lexislación vixente, presenta para o seu debate no Pleno ordinario de outubro unha moción relativa á elaboración duns criterios obxectivos para a concesión das axudas municipais ó deporte.

O Partido Popular de Viveiro ten constatado nas numerosas reunións celebradas coas distintas asociacións e clubs deportivos do noso concello, o malestar entre os mesmos pola non existencia duns criterios obxectivos claros á hora de repartir as axudas municipais en materia deportiva. Quéixanse en moitos casos da discrecionalidade coa que se conceden estas axudas, o que pode levar a pensar que se reparten dun xeito partidista, por non comentar as formulas que últimamente se veñen empregando para dar estas axudas.

Por outra banda, constatase que a Sra. Alcadesa non ten intención de variar este sistema tal e como se comproba nos datos reflectidos na documentación dos presupostos do 2014, onde a escasa cantidade asignada a deportes vai consignada de xeito xenérico co epígrafe de gastos diversos, namentres que non se consigna unha soa subvención nominativa. Xa no 2013 a axuda foi escasa e asignada nominativamente tan só a tres asociacións, o que xerou un gran malestar entre o resto de asociacións e entidades deportivas.

Dende o PP de Viveiro defendemos a necesidade de regular estas axudas establecendo uns baremos ben diferenciados e claros como poderían ser nº de fichas, nº de alumnos, monitores coa debida cualificación-titulación, ligas nas que se compite etc, etc… Cremos que todos os grupos representados nesta Corporación lle concedemos unha importancia capital ó deporte, en especial ó deporte de base, motivo polo que cremos conveniente que un representante de cada partido, xunto cos representantes das asociacións constituían unha comisión na que abordar este baremo, o que sin lugar a dúbida melloraría a transparencia na concesión das mesmas, ó tempo que estaríamos potenciando a participación das propias entidades; con todo isto se evitarían suspicacias innecesarias e ademáis estaríamos acercando a administración ó administrado.

Por estes motivos propoñen “crear unha comisión integrada por un representante de cada partido político representado nesta Corporación, xunto con integrantes das distintas asociacións deportivas de Viveiro, para o estudio e elaboración dunhas bases que rixan con criterios obxectivos a concesión das axudas municipais ó deporte”.

Exit mobile version