Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro recordalle á Alcaldesa o compromiso do parque arqueolóxico do Valado e do paseo do Río Landro

Fai uns días, un medio de comunicación daba a noticia do peche do acceso a toda persoa ó parque arqueolóxico de O Valado, motivado – segundo a Alcaldesa – para evitar accidentes, o cal nos parece ben desde o punto de vista da seguridade cidadá.

A noticia non tería máis transcendencia, se non fora porque unha vez máis se demostra por parte do goberno local un claro abandono do mantemento de todo aquelo que lle corresponde ó Concello, chamese asfaltado de rúas, pistas, corte de maleza, alumeado etc, etc, asuntos que o grupo municipal do Partido Popular lle trata de recordar tanto nos medios de comunicación como a través dos rogos e preguntas dos Plenos Municipais.

No pleno do do 1/8/2013 (xa fai máis dun ano) o Partido Popular nun rogo dirixido a Alcaldia, poñia en coñecemento do Concello os problemas de seguridade no Parque Arqueolóxico do Valado, en concreto referíndose ás taboas que estaban soltas e que dificultaban o poder camiñar por elas co conseguinte risco para os usuarios deste parque. O Alcalde respondia que se preveía a reparacion da pasarela a partires de outono do 2013, pero o certo é que a dia de hoxe non está reparada nin se sabe cando o vai estar.

Parecida é a situación na que se atopa o paseo do Rio Landro, motivo polo que este Grupo Municipal xa presentara un rogo no Pleno do 6/2/2014 no que avisábamos de que veciños que acostuman a usar este paseo tiveran que ser tratados nalgunha ocasión no Hospital de Burela por lesions motivadas pola deficiente conservación ou mantemento deste paseo con algunhas das taboas desclavadas , outras levantadas e incluso algunha rota . Lamentamos unha vez mais que ó dia de hoxe a situación siga igual, o que pon de relieve por enésima vez a deixadez do equipo de goberno socialista.

Por todo isto, o Grupo Municipal Popular solicita ó Goberno local que efectúe o mantemento e a reparación inmediata tanto do Parque arqueolóxico do Valado, como do paseo marítimo do Landro.

Exit mobile version