Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP súmase á preocupación dos veciños e pedirá explicacións sobre as inundacións que novamente sofren no Reguengo e San Paio

reguengoMondoñedo, 15 de setembro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo pedirá unha reunión oficial co equipo de goberno do Concello (PSOE e BNG) e coa empresa que executa as obras na zona do Reguengo e de San Paio, dadas as escorrentías que están a sufrir os veciños.

Os populares explican que nesta zona conflúen dúas obras materializadas polo Concello e por Fomento. Tras que finalizasen as actuacións do Goberno central á raíz das inundacións provocadas polas actuacións na autovía do Cantábrico e unha vez dadas as primeiras precipitacións esta fin de semana, os veciños víronse de novo afectados por anegacións.

Deste xeito, o Partido Popular, “dentro das nosas posibilidades, adquirimos un compromiso de seguimento das obras nesta zona”, polo que “esiximos que se lle dea unha explicación aos veciños e se busquen solucións ao respecto”.

Dado que a resposta solicitada ao Concello de Mondoñedo “no nos está a tranquilizar en absoluto”, “ao demostrar que socialistas e nacionalistas non están implicados no seguimento destas obras “tal e como deberían nunha actuación desta envergadura”.

Os populares mantiveron xuntanzas cos veciños e queren unirse as súas reivindicacións e preocupacións , polo que “requirimos a implicación e o seguimento por parte do Concello”. “Estamos moi preocupados e implicados seriamente no control destas obras”.

Unha preocupación que se estende a outros barrios
Os populares aseguran que “é indiscutible que se está investindo diñeiro e o problema non está solucionado” e lembran que se trata “dunha preocupación que se está estendo a outras parroquias nas que tamén se están a facer obras, como son o Carmen ou Lindín.

Exit mobile version