Site icon Crónica3.com A Mariña

O SEVA entrega unha placa a Hijos de Valle de Oro en la Habana

O vindeiro martes 9 de setembro ás 20.00 horas o Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro acollerá a entrega a Pilar Fernández (Tesoureira da Sociedade “Hijos del Valle de Oro en La Habana”) dunha placa do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) en agradecemento para dita sociedade polos moitos beneficios culturais que proporcionou a todo o Val (Alfoz e O Valadouro) dende que se constituíu, especialmente nos anos difíciles, cando a educación non era un ben xeral e moitos rapaces do Val non tiñan escolas para recibir a ensinanza básica.

De feito, moitos dos locais escolares que aínda quedan en diversas parroquias de Alfoz e O Valadouro (entre elas o local que agora ocupa o SEVA na parroquia de Adelán) foron construídos por “Hijos del Valle de Oro en la Habana”.

O SEVA faise eco dun sentir xeral de agradecemento en todo o Val cara a estes emigrantes valecos que non esqueceron a súa terra nin ós seus veciños. Pilar Fernández pasou uns meses entre nós, nas terras de orixe da súa familia, e ata foi a pregoeira deste ano 2014 no Mercado Medieval de Alfoz, e volta para Cuba o vindeiro día 13 de setembro. Ó acto agárdase que acudan os Alcaldes dos dous concellos implicados, Alfoz e O Valadouro e será un acto aberto a todos os veciños e persoas interesadas.

Exit mobile version