Site icon Crónica3.com A Mariña

Os catro concelleiros independentes critican que “o goberno do Partido Popular de Foz segue a afogar ós veciños coa suba do 12% no IBI”

Os catro Concelleiros Independentes de Foz, representados por Ramón Sixto, seguimos a denunciar a falta de sensibilidade do Partido Popular en tódolos seus gobernos.

Este Goberno pretende seguir afogando aos cidadáns incrementando nun 12% o I.B.I. (Imposto de Bens Inmobles) que se está a cobrar ata finais de outubro, un porcentaxe desorbitado que ao Goberno do Partido Popular tanto local coma da Xunta de Galicia non lle dá ningún medo aplicar sabendo o complicado que lle vai ser a moitas persoas poder facerlle fronte.

Aínda por riba se fixo unha revisión catastral onde moitos garaxes e varias construcións que non pagaban este imposto van pasar a pagalo; con isto non queremos dicir que non se deba de actualizar o catastro pero dende o noso pensar creemos que non é o momento oportuno pola situación de crise que moitos cidadáns están atravesando.

Estamos a falar dunhos momentos delicados coincidindo co comezo do curso escolar onde moitas familias nin tan sequera dispoñen de recursos para mercarlle os libros de texto aos seus fillos. “ Preguntámoslle ao noso Goberno do Partido Popular como van a facer estes e moitos máis veciños para poder facer fronte a este imposto con esta suba desorbitada”, cando aínda por riba adelantaron o prazo para pagalo; todos sabemos que nas anteriores lexislaturas se dispoñía de todo o mes de decembro para poder abonalo, facilitando deste xeito poder dispoñer da paga extra de decembro para poder pagalo con máis desafogo.

Esta dereita que nos está a gobernar debería de ter un pouco de sentido común e esperar o tempo preciso a que á cidadanía lle dera tempo a recuperarse. É agora cando o Goberno tanto local coma da Xunta ou o Central deberían mostrar a súa sensibilidade con tódolos cidadáns.

“Como ben dixemos en anteriores ocasións, nos sempre estaremos achegados aos nosos veciños, sobre todo nestes casos que son eles os que están a pagar o mal xestionamento do Partido Popular que solo mira polos seus propios intereses deixando a un lado á cidadanía”.

Exit mobile version