Site icon Crónica3.com A Mariña

Os deputados populares lucenses din que a inminente adxudicación do Plan director do Hospital da Costa “é a mellor nova que podíamos recibir no inicio do curso político”

Santiago, 10 de setembro de 2014.- Os deputados mariñáns do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra dixeron este mérocres que a inminente adxudicación do Plan director do Hospital da Costa “é a mellor nova que podíamos recibir os veciños desta comarca no inicio do novo curso político”.

Os populares aplauden deste xeito o anunciou feito polo Presidente da Xunta no transcurso da Sesión de Control, no Pleno do Parlamento de Galicia e no que indicou que mañá mesmo, xoves 11 de setembro, o Consello da Xunta procederá á adxudicación deste ambicioso proxecto para a ampliación do centro hospitalario da Mariña.

“Paso a paso continuamos avanzando nun dos principais compromisos do Goberno galego coa mellora da sanidade pública da nosa comarca. Por iso hoxe temos que valorar como se merece, unha gran noticia para todos os veciños”.

Os parlamentarios populares salientan que cando mañá teña lugar este esperado acontecemento adiantado polo Presidente da Xunta “xa non estamos ante unha promesa senón ante un feito: o acordo firme, do máximo órgano do Goberno galego, do Consello da Xunta” e conclúen sinalando que “A Mariña ten razóns para a noraboa. Paso a paso… cumprimos”.

Exit mobile version