Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Pasatempos de Outono chegan con programas consolidados como a Ocioteca, os Enredos de Nadal, o Taller de Teatro, a Larpeirada ou o Belén de Plastilina

Cervo, 24 de setembro de 2014- O Concello de Cervo deu hoxe a coñecer as actividades incluídas nos Pasatempos de Outono para os meses de outubro, novembro e decembro, que este ano chegan cargados de programas consolidados para todos os públicos.

Para nenos e nenas comeza a nova tempada da Ocioteca, que se desenvolverá na Casa do Mar todos os sábados ao longo do curso escolar (infantil de 11 a 12:30; primaria de 12:30 a 14 h.) e na que os asistentes realizan actividades diferentes en cada xornada, mantendo algunhas con moito seguimento como as prácticas de cociña. Comeza o 11 de outubro. Outro programa de continuidade é o Taller de Teatro do grupo municipal “Pimpim”, no que participaran na anterior edición uns 30 nenos. Arrinca o 10 de outubro.

Os Enredos de Nadal son outro exemplo de programa consolidado no que se ofrecen actividades lúdicas e de aprendizaxe. En canto aos eventos puntuais, pódese destacar a Festa Infantil de Samaín (1 de novembro), o concurso de postais de Nadal ou o Belén de plastilina, no que os nenos poderán elaborar as figuriñas do belén neste material.

Para a xuventude cabe resaltar os Encontros Abertos de Música para Mozos, que se manteñen no tempo. Trátase dunha xuntanza para rapaces e rapazas con intereses e inquietudes na música que se reúnen para compartir a súa creatividade. Comeza o 11 de outubro na Casa do Mar.

En canto ao público en xeral, pode participar nas recreacións do programa Un, dous, tres. Neste outono haberá dúas ocasións para revivir este clásico, o primeiro o 3 de outubro coincidindo coa celebración do Día da Ancianidade, e despois a finais do ano o Un, dous, tres…Inocente (28 de decembro).

Tamén se retoma a actividade Lembrando contos de onte, na que os asistentes se converten en protagonistas ao compartir as súas vivencias e experiencias de tempos pasados. Outra cita habitual nesta época é a III Larpeirada de ourizo de outono, un concurso de sobremesas elaboradas con castaña seguido dun magosto popular. Tamén continúan os Talleres de decoración de Nadal nas parroquias.

Novidades
Os Pasatempos de Outono inclúen unha importante novidade como é a primeira representación teatral que ofrecerán os mozos e mozas que participan no programa de bolsas formativas do Concello (15 de novembro, 20 h. Casa da Cultura). Outra estrea é a cita que ten programada a Asociación Cabaleiros do Xunco, coa colaboración do Concello. Trátase de exhibicións de monta western e doma natural así como probas de andadura (11 de outubro durante todo o día no polígono de Cuíña).

Ao mesmo tempo, os Pasatempos de Outono 2014 inclúen actividades de concienciación polo día contra o cancro de mama ou a violencia de xénero. Ademais, hai programadas numerosas actuacións de teatro, danza ou exposicións (os gravados de Axel R. Okelmann e as Cousas de Xan Xe en outubro e as fotografías de Fabián Reino en decembro).

PASATEMPOS DE OUTONO 2014

MANUALIDADES
Outubro, novembro e decembro
De 19 a 21 h. na escola de Castelo
Os luns pintura e os mércores macramé
As Espalladoras/Concello de Cervo

XIMNASIA
Todo o mes de outubro de 18 a 19 h.
Os martes no pavillón de San Román e os xoves na escola de Rúa
As Espalladoras/Concello de Cervo

EXPOSICIÓN DE GRAVADOS DE AXEL R. OKELMANN E COUSAS DE XAN XE
Inauguración o 4 de outubro ás 19 h.
Sala de exposicións da Casa da Cultura
Horario de apertura: luns a venres de 9 a 13:30 e de 17 a 20 h.
Ata o 28 de outubro

UN, DOUS TRES…DÍA DA ANCIANIDADE
3 de outubro ás 20h.
Auditorio da Casa da Cultura

SEMINARIO “SAN CIPRIÁN, PORTO DAS REAIS FÁBRICAS DE SARGADELOS”
4 de outubro ás 12:30 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Aventados/Concello de Cervo

TALLER DE TEATRO “GRUPO PIMPIM”
10, 17, 24 e 31 de outubro
7, 14 e 21 de novembro
5, 12 e 19 de decembro
Casa da Cultura
O horario dependerá do número de inscritos

OCIOTECA
11, 18 e 25 de outubro
8, 15, 22 e 29 de novembro
13 e 20 de decembro
Infantil de 11 a 12:30
Primaria: de 12:30 a 14

SEMINARIO “SAN CIPRIÁN SÉCULO XX. PESCA E TURISMO”
11 de outubro ás 12:30 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Aventados/Concello de Cervo

EXHIBICIÓN E PROBA DE EQUITACIÓN
11 de outubro
Exhibicións de reining (monta western) e doma natural. Proba de andadura para trotóns e cruzados
Polígono de Cuíña
Cabaleiros do Xunco/Concello de Cervo

ENCONTRO ABERTO DE MÚSICA PARA MOZOS
11 e 25 de outubro
8 e 29 de novembro
13, 20, 21, 22, 23 e 26 de decembro
De 20 a 22 h. na Casa do Mar

RECITAL GRUPO “NOVA POESÍA”
19 de outubro ás 20h.
Auditorio da Casa da Cultura
Recital no Día Internacional contra o Cancro de Mama

DÍA DA BIBLIOTECA
24 de outubro
Actividades de promoción da biblioteca pública

TEATRO “O BARCO SEN MARIÑEIRO”
25 de outubro ás 19:30 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Compañía “Achádego teatro”. Ciclo Buxiganga

FESTAS DO PAI
31 de outubro Samaín
21 de novembro Magosto
19 de decembro Festa de Nadal
Todas ás 17:30 h.
Para o alumnado do PAI

FESTA INFANTIL DE SAMAÍN
1 de novembro ás 18 h.
Casa do Mar

CINE INFANTIL DE MEDO
2 de novembro ás 18 h.
Ecomuseo

PUBLICACIÓN DAS BASES DO CONCURSO “CARTA AO MALTRATADOR”
3 de novembro
Bases dispoñibles na Casa da Cultura e na Casa do Concello

ACTUACIÓN DE VAPOR DE ARTE
8 de novembro ás 20 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Aventados/Concello de Cervo

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
10 de novembro publicación das bases
Entrega de traballos na Casa da Cultura e na Casa do Concello

TEATRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
15 de novembro ás 20 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Representada polos mozos e mozas do programa de bolsas formativas do Concello

RECORDANDO CONTOS DE ONTE
17 de novembro ás 18 h. no Ecomuseo
20 de novembro ás 18 h. na Casa da Cultura

MAGOSTO POPULAR E III LARPEIRADA DE OURIZO DE OUTONO
22 de novembro ás 18 h.
Casa da Cultura e Prazoleta
Bases dispoñibles a partir do día 12 de novembro na Casa da Cultura e na Casa do Concello

TEATRO “OS APARECIDOS”
22 de novembro ás 20 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Actuación de Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde de Lugo
Ciclo Buxiganga

DÍA INFANTIL
23 de novembro 11:30 h.
Casa do Mar
Actividades relacionadas coa natureza e o mundo animal

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 de novembro ás 19 h.
Casa da Cultura

PURO TEATRO
28 de novembro
Auditorio da Casa da Cultura
18 h. Actuación do grupo de teatro “Fundación Eu Son”
19 h. Representación da obra de Teatro do Outono do grupo municipal “Pimpim”

ACTUACIÓN MEMORIAS DO ANXO
29 de novembro ás 20 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Teatro, danza e piano
Aventados/Concello de Cervo

BELÉN DE PLASTILINA
30 de novembro
11:30 h. na Casa do Concello
17 h. na Casa da Cultura

TALLER DE DECORACIÓN DE NADAL
1 de decembro ás 12:30 h. no local social de Terramar na Casa do Mar
2 de decembro ás 11 h. no Ecomuseo
3 de decembro ás 11 h. nas escolas de San Román
4 de decembro ás 11 h. na escola de Castelo
5 de decembro ás 11 h. na escola de Rúa

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE FABIÁN REINO
Do 5 ao 26 de decembro
Na sala de exposicións da Casa da Cultura
De luns a venres de 9 a 13:30 e de 17 a 20 h.

TEATRO DE NADAL
19 de decembro ás 19 h.
Auditorio da Casa da Cultura
Representación da obra de teatro de Nadal do grupo municipal “Pimpim”

ENREDOS DE NADAL
22, 23 29 e 30 de decembro
Casa do mar
Infantil de 11 a 12:30
Primaria de 12:30 a 14 h.

CINE INFANTIL DE NADAL
26 de decembro ás 12:30 h.
Auditorio da Casa da Cultura

CERTAME DE PANXOLIÑAS DA CORAL TERRAMAR
27 de decembro ás 19 h.
Auditorio da Casa da Cultura

UN, DOUS, TRES…INOCENTE
28 de decembro ás 20 h.
Auditorio da Casa da Cultura

Exit mobile version