Site icon Crónica3.com A Mariña

Os sendeiristas da ACD Xove visitarán a Ribeira Sacra

cabo-do-mundoO Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza para o vindeiro domingo 21 de setembro unha Ruta de Sendeirismo pola Ribeira Sacra do Miño, concretamente van a facer a Ruta PR.G-162 nos Concellos de O Saviñao e Pantón, correspondente á 9ª ruta do programa “O Son do noso Miño”, na cal o grupo está seguindo o Río Miño dende o seu nacemento en Meira. Con saída no pobo de Belesar, a ruta de 14 km e dificultade media, percorre polo medio dos viñedos en plena vendimia, ata chegar ao Pazo de Arxeriz, pasando por varios sitios emblemáticos da Ribeira Sacra: Castro de Mourelos, Praia Fluvial de A Cova, e o espectacular Cabo do Mundo. Tamén se visitara a Adega Moure (Abadía da Cova), a Igrexa Románica de San Estevo da Cova, e o Ecomuseo e Pazo de Arxeriz. A inscrición permanecerá aberta ata o xoves 18 de setembro por un prezo de 12 euros os socios colaboradores federados, 14 os non federados, 15 os non socios federados e 17 os non socios nin federados. Para os socios menores de 18 anos a actividade será gratuíta. A comida realizarase de bocadiño.

Exit mobile version