Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela aseguran que “o niño de avespa asiática levaba 12 días ó lado da gardería sen que ningúen fixera nada por sacalo”

O pasado día 2 de setembro o equipo de “desgoberno” de Burela encabezado polo Sr Barcia anunciaba con grande xúbilo a rápida actuación do Concello para a retirada dun niño de avespa asiática que se atopaba moi cerca da gardería. Ante este anuncio e despois dunha actuación tan rápida e efectiva, segundo o Sr Barcia, á Comisión Executiva do PSdeG-PSOE de Burela interesouse por este asunto xa que nos estrañaba vendo o estado xeral de abandono que temos no pobo que este equipo de “desgoberno” estivera tan áxil e rápido como anunciaba a nota de prensa á que nos referimos.

Como di o refrán “cóllese antes a un mentiroso ca un coxo”, e este equipo de “desgoberno” do Partido Popular domina á perfección o arte da mentira. Temos informacións de que o pasado día 22 de agosto o Sr Barcia xa debería de estar enterado por vía oficial da existencia do citado niño de avespa, si non o estaba o único que podemos deducir ou que non se entera, ou que minte e engana descaradamente ós veciños e veciñas de Burela, poderían ser perfectamente calquera das dúas cousas. Temos informacións de que o día 22 de agosto se fixo unha chamada ó 112 avisando da presenza do niño, e temos coñecemento de que por outros medios se lle trasladou esta información ó Sr Barcia antes do día 1 de setembro que é a data na que di que soubo da existencia do niño das avespas. O niño estivo cando menos 12 días ó lado da gardería sen que ninguén fixera nada por sacalo, sabendo que estaba alí.

Isto ven a demostrar unha vez máis a parálise total deste equipo de “desgoberno” que nin está nin se espera, un alcalde que non reside no pobo, un alcalde ausente e uns Concelleiros que non son capaces de facer absolutamente se non está o Sr Barcia polo medio. En definitiva un barco á deriva que está a complicarlle a vida ós veciño e veciñas de Burela.

Exit mobile version