Site icon Crónica3.com A Mariña

Paseo entre Foz e Barreiros da AC Francisco Lanza

foz-barreirosOs paseos que organiza cada mes a A.C. Francisco Lanza despídense até outubro logo de facer o deste sábado 6 de setembro que partirá ás 11.10 horas da estación de FEVE para ir a Foz e volver camiñando pola costa até a estación de Barreiros. Como sempre hai que levar comida, auga e calzado cómodo. A preamar é ás 14:52 así que seguro que hai opción de baño. O paseo é de 11 km que se poden acurtar a 8. A volta está prevista para as 18.18 horas.

Exit mobile version