Aínda así, dous dos integrantes do ED Lourenzá Ciclismo fixeron un gran papel na III Ultra BTT Cicloturismo de 100 km de Boiro ocupando o posto 16º e 38º da xeral. Foron o Peixe e José Luis Falcón Irigoyen que declaraba ó remate da proba: “xa de volta da Barbantia Rodas 2014, despois de saír cargadisimo de pernas e estar a punto de dar a volta, pouco a pouco funme atopando máis cémodo. O peor? O pinchazo e a ausencia de 2 piñóns. Ó final 38º da xeral e 25º de máster 30. Para o ano máis”.
A mariores, o pasado domingo, a maioría dos compoñentes da sección participou na marcha cicloturista de Vegadeo poñendo punto e final así a unha intensa fin de semana.