Site icon Crónica3.com A Mariña

Prata e bronce para as atletas laurentinas no galego en ruta

ana-ainara-rutaAinara Rguez (campioa galega de 1000 metros lisos e subcampioa galega de campo a través) e Ana Vallines (campioa galega de 2000 metros e campioa galega de campo a través) pechan un impresionante curso deportivo 2013/2014.

A pesar de acudir esta pasado fin de semana sen a rodaxe suficiente por estar de momento en pretemporada, estas dúas atletas demostraron a súa calidade de novo alcanzando o metal o pasado sábado en Marín. Ainara fíxose coa medalla de prata do galego en ruta, cun tempo de 3,31 e a un segundo da vencedora; mentres Ana alcanzaba a medalla de bronce cun tempo de 3,35.

Ademais, o resto da expedición de Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo raiou a unha gran altura:

CADETE MASCULINO: AARON RIVAS. 5º CLASIFICADO(3,00)
INFANTIL FEMININO: CLAUDIA GRAÑA: 23ª CLASIFICADA (4,03)
ALEVÍN MASCULINO: ALEXANDRE SANTIAGO: 5º CLASIFICADO (3,29)
BX MASCULINO: IAN MÉNDEZ: 9º CLASIFICADO (4,20)
FERNANDO VALLINES: 12º CLASIFICADO (4,32)
BX. FEMININO: DIANA LASTRA: 9ª CLASIFICADA (4,21)
CARMEN GARCÍA: 10ª CLASIFICADA (4,21)

Ademais, a sección de adultos estivo presente en Marín na Milla Popular, onde Marisa Ares (7,00) e Loli Piñeiro (7,01) lograron trofeo cunha gran actuación ó colocarse cuarta e quinta, respectivamente. E en SÉNIOR MASCULINO: Marcos Rguez (26 – 5,32); Luís Graña (41 – 5,45) e Juan Méndez (57 – 5,57).

Exit mobile version