Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 600 persoas inscritas no encontro de sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz

sendeirismo-fozFoz, 18 de setembro de 2014. Preto de 600 persoas, procedentes de diferentes localidades de Galicia e Asturias, están inscritas para participar na oitava edición do Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz, que organiza a asociación focense Os Sendeiros. Este encontro terá lugar o vindeiro sábado, 20 de setembro, e na presentación do evento participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.

Os participantes sairán dende a área recreativa da Pampillosa, en Fazouro, e marcharán cara a Foz, ata chegar á Praza Conde de Fontao, onde haberá unha bonitada e bolos preñaos gratis para todas as asociacións participantes nesta ruta.

Exit mobile version