Estas xornadas, que se veñen celebrando dende hai anos, van ter unha dobre vertente: con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o xogador máis veterano do Concello de 85 anos, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
Este luns comezaron as xornadas ás 09.40 horas coa participación dos 10 alumnos/as de 4º de ESO. Ás 11:40 contamos cos 23 alumnos/as de 1º de ESO. Este martes continuará esta actividade con arranxo ao seguinte programa:
Martes 30 de setembro:
– 11:40 a 12:30 horas: 3º de ESO ( 12 alumnos/as).
– 13:40 a 14:30 horas: 2º de ESO (26 alumnos/as)
O lugar onde se están a desenvolver estas Xornadas é a NOVA BOLERA DO IES ILLA DE SARÓN, ubicada no Patio do propio Instituto.
O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 14 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.
Loxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.
Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES Illa de Sarón, así como a Modesto Albo, toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.