Site icon Crónica3.com A Mariña

DCV, Mistery, Axel, Dirty suc, Preto Staly ou Family Sistem participan este sábado no festival ‘Burela Roots’

burela-roots“Burela Roots” é o nome co que se coñece o evento organizado pola emisora do corazón da Mariña e que se celebrará este sábado 6 de setembro ás 23.00 horas no Pub Dolce Vita de Burela.

Participarán nesta cita rapeiros de toda Galicia e de Cabo Verde. Por parte dos galegos, temos: DCV e Mistery (Lugo), Axel (A Coruña), Dirty Suc (Vigo), Flavor (Viveiro), Lopes y Tajes (Camariñas) e Family Sistem (Ribadeo). Por parte de Cabo Verde, participarán Preto Staly. Todos os participantes farán que o público pase unha magnífica noite.

A programación semanal da emisora (107.7 FM) acolle un programa de rap e hip hop chamado “Código Urbano”, que se emite cada venres de 9 a 10 da noite, do que saiu a idea de celebrar este evento para todos os amantes deste tipo musical e tamén para os que non coñecen este estilo, que pasen un anaco disfrutando de boa música.

Ademais, o Festival “Burela Roots” é unha iniciativa que se engloba dentro das actividades do Modelo Burela, pola súa aposta pola interculturalidade, sendo punto de encontro para variadas voces e linguas.

O festival, organizado pola Emisora do Corazón da Mariña, conta co patrocinio do Hotel Canabal de Burela e a colaboración de diferentes empresas e comercios da localidade, como Gráficas Arfe, AOF Deseño Gráfico, Cinebank Burela, Pichi Sport e Rosavel Flor.

Radio Burela fai un chamamento a todas os cidadáns que queiran ir, que o fagan. O donativo da entrada é de 3 euros, e cada unha das entradas inclúe a participación no sorteo dun lote de roupa cedido para a ocasión pola firma especializada en moda hip hop Frozone Wear.

Exit mobile version