Site icon Crónica3.com A Mariña

Rajoy ou o desconcerto

O cambio da paisaxe política ten a Mariano Rajoy desconcertado. Ve ameazada a súa estratexia de pasividade baseada en acumular expedientes sobre a mesa ata que se resolvan sos, ou en deixar vía libre aos seus ministros máis conservadores para que nos inmolen no ara dos catro gatos ultras, que son poucos pero verran de carallo.

A enquisa do CIS declarando que os españois premian con moita diferenza a boisima campaña de Podemos, sen carteis, sen furgonetas vociferantes, sen pasquines, sen bulla, nin masivos mítines en salóns de hoteis, nin dispendios, foi a guinda posta ao pavo que cociñaban no PP.

O abandono de Rubalcaba, outro desconcerto, logo de tantísimos anos en escena era un adversario moi previsible, antes de que falase xa no PP sabían o que ía dicir. Pero, agora, cun Pedro Sánchez ignoto e sen experiencia de goberno os tiros poden saír por calquera lado. Non é menos petética-histriónica a xestión do independentismo catalán, Rajoy e Máis como os irmáns Tonetti no Circo Atlas.

Unha hora e tres cuartos durou a roda de prensa de Ángela Merkel explicando ás súas conciudadanos a marcha dos asuntos que lles competen. Alucinan os nosos profesionais da prensa, igual que Soraya explicando cada venres as putadas que acordaron facernos. E Mariano, ¡ai! Mariano detrás do seu plasma, non parece que corra sangue polos seus venas, e non responde preguntas, por que? porque non lle dá gana e punto. Así, democráticamente argumentado, porque “Chone miundiño, por a veira de la Laiño, por a veira de Lastrove.

O sillón de relax do PP, acomodado nesa maioría absoluta que utiliza como dereito de pernada, de vida e morte sobre os dereitos e liberdades dos seus vasallos, cimbrese ante a mirada pasmada do impasible líder, aínda que o seu rictus ten cada día peor pinta, non digamos os seus argumentos. Tan desconcertados están que ata os seus chefs estudan adiantar as eleccións xerais e/ou xuntalas coas locais, ou que sexa o alcalde o máis votado, ou vaia Vd. a saber.

Otero Regal.

Exit mobile version