Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias preside a primeira xuntanza do novo curso da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Lugo

curso-delegacionLugo, 18 de setembro de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presidiu este xoves a primeira reunión no novo curso da Comisión Territorial, un foro de coordinación da Delegación no que participan os responsables de todas as Xefaturas Territoriais e que, tras os últimos relevos nas xefaturas, é paritaria en número de homes e mulleres.

Así, a comisión está presidida pola propia delegada e forman parte dela as recentemente incorporadas Pilar Fernández López, como xefa territorial de Economía e Industria, e Carmen Gueimunde, que se fai cargo da de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como a xefa territorial de Sanidade e a secretaria territorial.

Igualmente, forman parte do órgano os xefes territoriais de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Medio Rural e do Mar; Traballo e Benestar, e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como o delegado da Axencia Tributaria de Galicia.

Exit mobile version