Site icon Crónica3.com A Mariña

Rivera, absolto de inxurias e calumnias, asegura que “querían acabar coa miña persoa”

O ex Alcalde de Foz, José Maria Garcia Rivera sae absolto do xuízo por inxurias e calumnias. A xuíza instructora do caso non viu delitos probados e ditou libre absolución.

O propio Rivera manifestou que “xa vai seendo hora de que paren e me deixen en paz. Todo o que veu sucedendo estes anos ten nome e apellidos: “sindicato de resabiados” que non podían soportar a unha persoa que coa súa dedicación en corpo e alma ós seus veciños era capaz de manter lexislatura tras lexislatura a confianza dos mesmos. Era coñecedor de tantas e tantas zancadillas, pero o único que me importaba por aquelas datas era a senda trazada que non era outra que traballo, progreso do meu municipio e respeto ás demáis administracións”.

Así, continúa “o problema estaba servido. Xuntáronse os trásfugas cos 5 garbanzos negros que ten o PSOE focense nas súas filas con uns e otros e incluso lle dicían ó PP como tiña que poñer as súas denuncias. Todo isto para acabar con hombre só, a miña persoa”, afirma Rivera.

“Esta xente so a move, a enxeva e a codicia e as ansias de poder. Pasaban os anos e vían que non daban conseguido o motín que tiñan nas súas mentes e non podían soportar que unha persona de clase media-baixa, tivera tanto tempo rexendo os destinos do novo pobo”, conclúe o recentemente absolto nun xuízo por unha denuncia por inxurias e calumnias.

Exit mobile version