Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro, deportes e cantos de taberna entre o 12 e o 15 de setembro nas festas dos Remedios de Mondoñedo

comision-remedios14Mondoñedo, 5 de setembro. A cidade de Mondoñedo acolle dende o venres 12 de setembro ata o luns 15 a festividade dos Remedios, patroa da localidade.

A ofrenda, que se realiza o domingo 14, este ano correspóndelle ao concello de Ribadeo; polo que encabezará a comitiva o alcalde Fernando Súarez. Ás 11.30 horas saen da Casa do Concello cara ao Santuario de Nosa Señora dos Remedios, acompañada da Banda Municipal de Música de Ribadeo. A Misa será cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo. Seguidamente terá lugar a PROCESIÓN polo itinerario de costume, acompañada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo. E ás 14.15 horas a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto na Praza do Concello (en caso de choiva terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga).

O programa de festas inclúe actuación das orquestras como Fenix, Atenas, Matinee, Alarma, Triunfo e Samba. Ademais actuará a banda de música e a coral polifónica Ribadeo.

Outras actividades
Haberá unha nova edición dos cantos de Taberna, o sabado 13, que percorreran os bares da cidade, organizado pola ACIAM. E como pincelada deportiva celébrase, o sábado 13, a II carreira popular dos Remedios, a saída será dende a Alameda dos Remedios. A inscrición é gratuíta. Para máis información: http://carreiraosremedios2014.blogspot.com.es ou ben no número de teléfono 605790091.

Ademais o domingo xogarán un partido de fútbol no Campo Viñas da Veiga de 2ª Autonómica entre os equipos Mondoñedo F. C e o Goiriz. E ás 18.00 horas disputarase tamén o I Torneo “Os Remedios baloncesto de base” no pavillón municipal de Deportes con entrada de balde.

No eido cultural haberá teatro, o sábado 13 ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga, a cargo da Asociación de persoas con discapacidade intelectual PRODEME de Monforte que representarán a obra de teatro “A cidade non é para min”.

Luns 15. Día do neno con barracas con desconto
Para rematar as festas o luns día 15 de setembro haberá MISA DE COFRADES no Santuario de Nosa Señora dos Remedios seguida de sesión vermú co grupo SAMBA.

Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas; Día no Neno nas barracas na Alameda. Os rapaces e rapazas poderán disfrutar dunha xornada na que haberá unha reducción da entrada das atraccións da Alameda.

Ás 19.00 horas; Mircromina títeres presenta “Vacacións no mar” no Auditorio Municipal Pascual Veiga antes do remate das festas coa verbena a cargo do Grupo SAMBA.

Exit mobile version