Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro no Valadouro dende Sarria co programa Buxiganga

Seguindo coa tradición teatreira do concello do Valadouro, e grazas o programa BUXIGANGA da área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo, o salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro, representarase este sábado 27 de setembro ás 20.00 horas a obra “O achado do castro” do grupo de teatro Rebuldeira de Sarria. Esta é unha das actividades que deixan pegada forte na actividade cultural do concello de O Valadouro onde na semana do teatro pasaron preto das 1500 persoas polo salón de valadourés para desfrutar das diferentes actuacións. A próxima actuación do programa Buxiganga será o 25 de outubro co grupo o Batán de Cangas e a obra de Piñeiro ‘Retiraactivos’. Como de costume, todos este actos teñen entrada de balde.

Exit mobile version