Site icon Crónica3.com A Mariña

Un conto de guerra repetido

Ao principio tratábase de derrocar a un dictador. Xa que logo levantaron, como tantas outras veces, o seu fabuloso circo mediático apoiando a unhas etéreas e equilibristas forzas democráticas das que non se sabía nada. E séguese sen saber.

Logo chegou outra guerra na que se usaban e destruíanse, volvíanse a usar e volvíanse a destruír cheas de armas que alguén fabrica e que alguén vende ao mellor postor. E a guerra durou e durou, e canto máis duraba, máis armas vendíanse e máis armas destruíanse e máis armas volvíanse a vender.

E mentres tanto a terra na que vivían os habitantes deixou de ser a terra na que vivían para converterse nun teatro de operacións e nun enclave xeoestratégico. E seguían caendo bombas como si fora a peste.
Está visto que nunca se foron definitivamente os catro xinetes; o desdoblamiento da morte en realidade. Por aí están. Os xornais son o evanxelio dos seus actos.

Xa non viaxan a lombos de cabalo. Hoxe levan billete de luxo en microscópicos vehículos que aparcan en estacións miserables. Pero ás veces móvense en dron.

So fai falla remontarse a outra época na que eramos novos e as guerras disputábanse en territorios próximos á lenda ou ao soño. Noutros patios máis aló do noso entendemento. Hoxe, a etérea república de nome que quero esquencer segue no mesmo terreo de ninguén (en disputa de todos), unha indeterminación xurídica, agora en guerra, xusto no horizonte que creban as montañas.

O que non se sabe moi ben é de que modo e cando aos equilibristas democráticos e aos seus mecenas coáronselles, como noutras ocasións, os degolladores impíos.

Otero Regal.

Exit mobile version