Site icon Crónica3.com A Mariña

Un total de 516 persoas participaron nas Noites Alternativas nos meses de xullo e agosto

noites-alternativasCervo, 9 de setembro de 2014- O Concello de Cervo fixo balance das Noites Alternativas que se desenvolveron ao longo dos meses de xullo e agosto en diferentes localizacións do municipio e que incluíron a práctica de numerosas disciplinas. Unhas actividades que conseguiron convocar a 516 persoas divididas en diferentes deportes e categorías.

O torneo de baloncesto 3×3 foi o máis multitudinario, cun total de 166 participantes distribuídos en 42 equipos. Desta maneira, un ano máis esta competición foi a máis frecuentada, ao igual que ocorrera o ano pasado. Os torneos de fútbol sala (135 persoas) e de fútbol praia (114 persoas) tamén obtiveron uns altos niveis de participación, tal e como ocorreu nas Noites Alternativas de 2013.

Ademais destas disciplinas, veciños e visitantes tamén tomaron parte no torneo de volei praia, na Noite de Orientación ou na Noite do Patín, citas coas que lugares como a praia do Torno e a praza dos Campos se encheron de actividade nestes meses.

O edil de Deportes, Luis Guillén, asegura que “unha temporada máis as Noites Alternativas consolidáronse como unha opción de entretemento e deporte durante as noites do verán. Un programa co que pretendemos seguir fomentando o exercicio físico na época estival”. Do mesmo xeito, Guillén lembra que este mes, co comezo do curso, iniciaranse tamén as Escolas Deportivas Municipais, das que o Concello informará esta semana.

Exit mobile version