Site icon Crónica3.com A Mariña

VIII Encontro Río Ouro e Praias de Foz

sendeirismo-foz1Algo máis de 500 participantes participaron no VIII Encontro de sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz na area recreativa de Fazouro onde o presidente de Os Sendeiros, Roberto Moris, e o alcade de Foz, Javier Jorge Castiñeira, dedicaron unhas palabras a tod@s. A camiñata comezou pasadas as 10.00 horas polo río Ouro e as praias de Foz. Despois de percorrer uns 17 km, a ruta rematou no porto de Foz para repoñer forzas cunha gran bonitada, bolos preñados, pan e iogur acompañados de música en directo e o sorteo de tres xamóns entre os participantes.

Exit mobile version