Site icon Crónica3.com A Mariña

X Foliada Popular da Mariña, este sábado da man de Saíñas

Este sábado 20 de setembro a Asociación Cultural Saiñas organiza como anos anteriores a Foliada Popular da Mariña chegando á súa décima edición.

As actividades programadas son as seguintes:
– Ás 13.00 horas: pasarrúas por Xove e sesión vermú amenizada polos gaiteiros da asociación.

– A partires das 17.30 horas, comezarán os obradoiros didácticos, un de realización de instrumentos artesanais e outro de de xogos e xoguetes.

– Ás 21.00 horas, cea popular nunha carpa, a racion consiste en churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida por un prezo de 5€ venta anticipada ou 7€ na foliada.

– A partires das 22.00 horas aproximadamente comezará a foliada popular, pola que pasarán varios grupos que tocarán e cantarán música tradicional galega para animar a tódolos asistentes a bailar ó son dos mesmos.

Todas estas actividades realizaranse nunha carpa situada na praza do Concello.

A organización aproveita para “dar as gracias á todolos comercios de Xove que colaboraron coa nosa asociación para poder realizar esta festa, así como ó Concello de Xove, a Deputación de Lugo e a tódolos socios que formamos esta agrupación”

Exit mobile version