Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa están dispoñibles os carnets de socio do Burela FS para a tempada 14/15

carnets-bfsOs socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poden recoller o seu carnet da tempada 2014/2015, con idéntica tarifa que a tempada anterior, desde o martes día 2 de setembro na oficina da entidade, situada na Avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo. Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela durante os encontros amistosos de presentación que se disputan o vindeiro mércores día 3 de setembro a partir das 18.00 horas. Todos os interesados en abonarse ao CD Burela FS Pescados Rubén poden darse de alta na oficina do club.

Tarifas de socios/as da tempada 2014/2015
Socio/a individual: 90 euros
Socio/a familiar: 150 euros
Socio/a xubilado: 60 euros
Socio/a estudante: 40 euros
Socio/a xuvenil: 30 euros
Socio/a infantil: 10 euros

Os carnets da nova tempada contan co patrocinio da empresa mariñá de servizos informáticos e solucións tecnolóxicas LINDIN.TIC. Antonio Ledo Leiras, responsable de LINDIN.TIC presentou os carnets da tempada 2014/2015 acompañado polo presidente do club, Manuel Blanco. LINDIN.TIC, proporciona solucións e asesoramiento tecnolóxico a todos os niveis; desde particulares a empresas e institucións públicas, mediante un traballo integral que abarca desde os procesos iniciais de estudo e deseño do caso, comercialización e soporte informático postventa. Ademais LINDIN INFORMÁTICA presta servizos profesionais de consultoría de negocio, externalización e integración de sistemas.

Exit mobile version