Site icon Crónica3.com A Mariña

5 ouros, 2 pratas e 2 bronces para o Egovarros no galego de 10 km en ruta

O pasado domingo 28 de setembro celebrouse na localidade de Ribeira, o Campionato Galego de 10 km en ruta cunha participación moi alta de atletas de toda Galicia e onde o club Egovarros Viveiro estivo representado por 18 atletas de diferentes categorías que acadaron 9 medallas.

No apartado feminino as medallistas foron: na categoría de F40, María Luísa López foi medalla de ouro; en F65, medalla de ouro para Francisca Romasanta; en F55, prata para Begoña de Arriba e en F50, bronce para Manuela Guisasola.

No apartado masculino, as medallas de ouro foron: na categoría M50 para Emilio Martínez; en M65, para Antonio Hernández e en M70 para Antonio Cabana. Emilio Toral foi medalla de prata en M55 e Fernando Ramos foi bronce en M65. Outros atletas estiveron a piques de subir ó podio, como José Ángel López na categoría de M40 e Eliseo López en M60, que acadaron o cuarto posto.

Todos os atletas do club viveirense realizaron unha moi boa carreira coa que remata a tempada 2013/2014.

A directiva do club viveirense ten como obxetivo renovar e fichar novos atletas para a tempada 2014/2015 na que pretende acudir ó Campionato do Mundo de Pista ó Aire Libre que se celebrará do 4 ó 16 de agosto do 2015, na localidade francesa de Lyon.

Exit mobile version