O colectivo veciñal recorda que a mellora deste espazo público é unha antiga reivindicación veciñal que no seu día trasladaron ó Concello de Cervo e que foi atendida.
O presidente da AAVV, José Luís Sariego, entende que as obras de acondicionamento e recuperación deste espazo converterano nun lugar máis accesible, útil e atractivo para os veciños dos bloques de edificios desta zona, así como tamén para o gran número de visitantes dos establecementos comerciais próximos.
O proxecto inclúe, a petición da asociación de veciños, a renovación da pavimentación, novas xardineiras e mobiliario urbano, así como unha mellora da iluminación, tal e como se fixo no resto da rúa, o que tamén multiplicará as oportunidades de uso deste espazo público para eventos que ata agora se celebran noutros puntos.