Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Educación de Burela informa sobre axudas para estudantes universitarios e de másters oficiais

Burela, 9 de outubro de 2014. A Concellería de Educación ofrece información sobre as axudas da Xunta para estudantes universitarios e para aqueles que realicen un máster universitario oficial.
A Xunta publicaba o 29 de setembro as bases e a convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014/2015 no Sistema Universitario de Galicia. Trátase de axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria.

Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.

b) Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de terceiros países, cando se acredite a condición de residente en España, quedando excluídos os que estean en situación de estadía.

c) Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia no curso académico 2014/15 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.

d) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

e) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 77/2014, do 20 de xuño (DOG núm. 123, do 1 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2014/15.

F) Cumprir unha serie de requisitos económicos

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED441C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.es/

Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros e portelos únicos.

Para dúbidas relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es.

• O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Texto en web:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0002_gl.html

No Concello burelés tamén ofrecen información sobre as axudas da Xunta para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2014/15.

Poderán solicitar estas axudas os/as titulados/as universitarios/as en situación de desemprego na data de publicación desta orde e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión dun título universitario, expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2011, que lle dea acceso aos estudos de máster universitario.

b) Estar matriculado/a no curso 2014/15 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos.

c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia como mínimo nos tres últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria.

d) Estar inscrito/a como demandante de emprego, como mínimo, durante un período de 180 días no ano inmediatamente anterior contado de data a data desde a data de presentación da solicitude.

e) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 77/2014, do 20 de xuño (DOG nº 123, do 1 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2014/15.

f) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores

A contía da bolsa cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario, segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 77/2014, do 20 de xuño

Para os incluídos no punto 1.3 do anexo a contía máxima asignada será de1.788,6 € para os da epígrafe A) e de 1.215 € para os da epígrafe B).

Para os incluídos no punto 1.4 do anexo a contía máxima asignada será de1.881,6 € para os da epígrafe A) e de 1.296,6 € para os da epígrafe B).

2. A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.

3. Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas ás que tiver dereito o/a beneficiario/a.

• O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia..

Texto en web:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0001_gl.html

Exit mobile version